Resultados

A pista e a ruta marcaron a axenda para os Sub14 e os Máster

Ata Santader desprazáronse varios atletas galegos para tomar parte no Campionato de España de 100 km. Na capital cántabra  Ramón Villar do Verxel Nutrición ocuparía o 9º lugar na categoría máster 50 cun rexistro de 10:29:43 o que representa un novo récord galego da súa categoría. Un posto máis abaixo chegaría o representante do Esprintes Ourense José María Levoso que invertiría un tempo de 10:34:04.

Outro foco de atención sería a cidade castelán manchega de Guadalajara sede do Campionato de España Sub14 na que tomarían parte cinco conxuntos galegos.

Na categoría masculina o mellor clasificado sería o C.A. Millaraio que ocuparía o sexto lugar sendo o decimonoveno para a Atlética Lucense. A nivel individual os mellores postos dos galegos corresponderían a Elias Klein da Atlética Lucense 3º nos 3.000 m. marcha con 10:02.24; David Garcia Blanco do Millaraio 5º en altura con 1.53 m. e Daniel Cariñena López do Millaraio 6º en peso con 10.73.

Na clasificación xeral por clubs feminina a mellor posición sería para o A.V.A. no posto decimoterceiro,  vixésimo o RÍA Ferrol – CCA e vixesimosétimo Franciscanos de Lugo

A nivel de actuacións individuais o máis destacado sería o primeiro lugar de  Enma Sihuang Pérez Soto do Franciscanos Lugo en altura con 1.55; Carolina Santos Villalón do A.V.A., 2ª nos 1.000 m. con 3:04.95; Xela Martínez Domínguez do Franciscanos Lugo 3ª nos 1.000 m. con 3:05.98 e Laura Rico Bouza Ría Ferrol – C. Arenal 3º en xavelina con  29.84 m.

Resultados Campionato de España Sub14

Campionato de España 100 km.

Compartir: