Varios frontes abertos serían os que durante esta fin de semana terían incursos a atletas da nosa comunidade e que reclamarían da nosa atención
Para comezar o xa “máxico” meeting de Huelva volvería a aportar excelentes resultados para os intereses galegos. O máis salientable sería o rexistro de Solange Pereira quen na proba dos 1.500 m. lograría amplamente a mínima para tomar parte nos Campionatos de Europa que se densenvolverán en Berlín do 6 ó 12 de agosto logo de facer 4:08.52. Nesta mesma proba bo comportamento tamén de Leti Fernández con 4:17.52 o que supón unha MMP.
Adrián Ben acadaría nos 1.500 m. 3:40:85 que a piques estivo de representar unha MMP que ten dende o ano asdado con 3:40.72
Na lonxitude tomaría parte o olímpico Jean Marie Okutu gañando o seu concurso e achegándose ata os 7.66 m. que supón a súa segunda MMT despois de esos 7.79 m. do pasado mes de maio na Liga de Clubs
Outra excelente nova viría da man de Raquel Meaños que correndo na final B dos 800 m. establecería un rexistro de 2:07.05 que representa por unha banda igualar a súa MMP do ano pasado en Pontevedra, e pola outra conseguir mínima de participación para acudir ó Campionato do Mundo Sub20 de Tempere (Finlandia) os días 10 ó 15 de xullo.
No triplo Ana Peleteiro gañaría o concurso con 13.90 m. metros. Nesta mesma proba Ruth Ndoumbe chegaría ata os 13.06, a dez centímetros da súa MMT.
Xa nos Campionato Unión Mediterráneo Sub23 desenvolto na localidade italiana de Jesolo, Tariku Novales que tomaba parte nos 5.000 m. remataba na segunda posición logrando un rexistro oficial de 14:39.57. De igual modo medalla de bronce no concurso de altura para Saleta Fernández quen subiría ata os 1.76 m.