IX Copa Deputación Lugo – 1ª Xornada

O Galego Sub20 e Sub23 será en xornada de tarde en Ferrol

A F.G.A. organiza o día 10 de xuño os Campionatos de Galicia Sub20 e Sub23 de pista ó aire libre nas pistas de A Malata en Ferrol en xornada de tarde dando comezo as 16:00 horas cos 5.000 m. e rematando sobre as 20:45 cos obstáculos

No tocante a participación destacada de atletas, contaremos nos 800 m. con Elian Numa do Coruña Comarca, como claro favorito ó título grazas ós seus 1:50.70. Fernando Rial do Narón e Pablo Monteagudo do Noia serán outros dos destacados no sector de medio fondo e fondo tomando parte na proba dos 5.000 m.

Nos lanzamentos os atletas da Gimnástica Sergio Paredes en martelo con 53.25 m. e Andrea González en xavelina con 45.59 m. intentarán mellorar esos rexistros e escalar posicións no ranking nacional. Atención tamén a presenza de Ivanna Carolina Román do RIA Ferrol con 42.24 m. no concurso de xavelina e de Claudia Puig da Gimnástica con 37.65 m.

Sen lugar a dúbidas a presenza da internacional Antía Chamosa será unha das grandes atraccións deste campionato tomando parte na proba dos 5.000 m. marcha que abre a cita as 16:00 horas e na que Leyre Aramburo buscará nesta mesma proba, rebaixar os seus 24:25.45 cos que acude. No que atinxe a categoría masculina será Brais Prieto do Celta quen parta como claro favorito.

Nos valados Santiago Rozas do Lucus intentará confirmar o importante núcleo lucense da súa especialidade nestos campionatos,  tomando parte tanto nos 110 m.v. como nos 400 m.v.

Por último e xa nos saltos, contaremos no concurso de triplo ca participación do Sub20 Alexandre Barreiro do Lugo RC Ramos Lourés, quen fará valer esos 14.51 m. acadados no mes de maio en Soria.

Compartir: