Ciudad Real agarda a Selección Galega Sub18

Esta fin de semana Ciudad Real  será a sede onde se disputarán os Campionatos de España de Federacións Autonómicas Sub18 á que acuden un total de 439 atletas en representación de 17 Comunidades. Entre as mesmas estará a Selección Galega representada nas dúas categorías por un total de 26 atletas.

Pese as importantes ausencias, destacan nos postos importantes do ránking nacional a do velocista do C.A.Santiago Víctor Mosteiro quen marcaría recentemente un tope autonómico nos 100 m. de 10.94 que o convirten nun serio aspirante ó triunfo. Nerea Iglesias do Fontes do SAR tomará parte sobre os 200 m. onde ten acreditados 25.14. El Mehdi El Nabaoui do San Paio A Estrada, estará na saída dos 1.500 m. malia que é na proba dos 3.000 m. onde ten un mellor rexistro de 8:46.30 ó igual que Sara López da Atlética Lucense quen sairá nos 3.000 m. Continuando cas probas de fondo, outra presencia importante será a do santigués Diego Alonso quen competirá nos obstáculos e na que ten un mellor rexistro este ano de 6:19.45.

Nos valados, o coruñés do Riazor Martín Oitavén figura entre os trece primeiros do ránking nacional na proba dos 400 m. valos grazas ós seus  56.02

Nos concursos de lanzamentos Nicolás García do Real Club Celta estará no círculo de peso con serias opcións a estar nos primeiros lugares, ó mesmo que a discóbola María Jiménez da Gimnástica con 36.43 m. e o tamén lanzador do Beade Yago Araujo con 60.87 en martelo. Na marcha importante baza galega da man de Iria Rivas do A.F. Celta quen fará valer o seu rexistro de 25:08.70 para estar na zona de podio nos 5.000 m. marcha.

Para rematar, os atletas da Gimnástica Raul Cortizo en altura con 1.86 m. e Marco Martínez en lonxitude con 6.56 m. serán atletas tamén a ter en conta nos seus respectivos concursos.

Selección e Plan de Viaxe

Normativa Técnica

 

Compartir: