Resultados

Prata nos 800 m. para Lucía Sicre no “Go Fit”

Continuamos ca consecución de medallas por parte das nosas atletas nos distintos torneos internacionais que esta fin de semana se viron disputando. Nesta ocasión sería Lucía Sicre do RÍA Ferrol, quen lograría durante a disputa da Copa Ibérica “Go Fit” Sub18 desenvolta na localidade portuguesa de Abrantes, unha destacada medalla de prata na proba dos 800 m. logo de rematar cun rexistro de 2:15.84.  A de Ferrol, quen cedería tan só ante a española Pinaccio, continúa a liderar o ránking nacional cun rexistro de 2:10.63 que ademáis representa a súa MMP dende o pasado mes de maio na liga de clubs.

Con esta primeira medalla internacional, unha das promesas máis importantes do mediofondo feminino galego, continúa a súa progresión que xa a levarían o ano pasado a debutar ca selección nacional nos XIV Xogos Europeos da Xuventude na localidade húngara de Gyor.

Resultados

Compartir: