Resultados  21-22/05/2022

Un Gran Premio Cantones referente mundial

A chinesa Shenjie Quiyang e o marchador colombiano campión mundial, Eider Arévalo proclamaríanse campións do XXXII Gran Premio Internacional de Marcha Cantones de A Coruña.

O espectáculo que principiaría dende primeiras horas da tarde ca disputa do Trofeo Josefina Romero e ca II Marcha Solidaria xuntaría a gran número de aficcionados que como cada edición animarían en todo o momento ós marchadores participantes e na que a espectación xenerada veríase reflectido nas 2.768 reproduccións e o alcance de 25.000 persoas que se realizaría a través de streaming. Precisamente para o campión masculino desta edición sería determinante este apoio “Doy las gracias a este fantástico público que ha estado animando constantemente durante toda la prueba” serían as primeiras declaracións do colombiano que logo do seu triunfo na cidade herculina, perfílase como un dos firmes candidatos ó título olímpico de Tokio 2020. 

Da idoneidade do circuíto pono de manifesto o rexistro da gañadora, a chinesa Quiyang,  quen con 1:26:28 pasa a liderar o ránking mundial da distancia. Xunto a asiática entraría no segundo lugar a española Julia Takats con 1:27:28 compartindo podio a portuguesa Ana Cabecinha con 1:29:41. Salientar que nesta mesma categoría a marchadora internacional galega Antía Chamosa cun rexistro de 1:44:00 batiría o récord galego Sub20.

No que atinxe ó podio masculino ademáis do gañador, estarían Diego García no segundo lugar con 1:19:18 sendo terceiro o xaponés Akihiro Noda con 1:19:49

Á marxe da parte competitiva e da parte solidaria, a proba tivo tempo para homenaxear a Nicola Maggio, xuíz internacional de marcha que este ano colga o seu uniforme e que durante os últimos vinte anos, acudiría fielmente a esta importante cita.

Resultados

Foto La Opinión

Compartir: