Resultados

A élite mundial da marcha chega ós Cantones

O vindeiro sábado día 2 de Xuño acontecerá unha das grandes citas da marcha en ruta a nivel mundial como é o desenvolvemento do XXXII Gran Premio Internacional de Marcha Cantones de A Coruña – Trofeo Sergio Vázquez

Efectivamente, este importante evento, que ten rango Internacional IAAF, encara a súa trixésimo segunda edición con moitos e importantes alicientes entre os que cabe salientar a presencia do equipo nacional de Xapón cuxos marchadores se atopan a nivel mundial nos primeiros lugares (lembramos que o país asiático será organizador dos vindeiros Xogos Olímpicos). Da mesma maneira, e a nivel nacional, están en xogo as últimas prazas para acudir ó Campionato de Europa de Berlín, motivo polo cal haberá un gran interés por ver as evolucucións dos atletas nacionais.

A nivel organizativo, o Gran Premio de Marcha quere seguir evolucionando e abrindo novas frontes, así para esta edición do 2018, contarase coa celebración da II Marcha Popular que sobre dous kilómetros percorrerá o circuíto de Cantones ás 17:50 horas, momentos antes da disputa da proba principal, e na que a única condición esixida ós seus participantes é a de non empregar a carreira en ningunha parte do percorrido. Con este medida, ademáis de pretender popularizar a proba da marcha, tentarase dotar á cita dun carácter solidario xa que a recadación íntegra da mesma irá a parar á cociña Económica da Coruña. Falar do Gran Premio de Cantones da Coruña é falar de todo un referente a nivel mundial da marcha atlética xa non só pola súa calidade organizativa, senón polo compromiso dun Concello, dunhas xentes e dun público entregado ca súa proba que edición tras edición fixo posible que polo seu circuíto pasaran todas as lendas e mitos desta especialidade.

O seguimento en directo por todos aqueles afeccioados que así o desexen a través de Streming será outra das novidades importantes que se manteñan do ano pasado, e que dotará ó evento dunha maior difusión e relieve tanto nacional coma internacional. Do mesmo modo este ano, a proba dos 20 km. será puntuable para a  IX Challenge AEMA – Trofeo Orivip.com”

Guía Cantones 2018

Retransmisión

Compartir: