Formidable campionato o que se viviría esta fin de semana no estadio de Calabagueiros de O Barco de Valdeorras ca disputa do autonómico Sub16 e na que nada menos que un total de 29 marcas mínimas (11 masculinas e 18 femininas) serían establecidas para tomar parte no Campionato Nacional do vindeiro día 30 de xuño en Castellón.
Sen lugar a dúbidas a protagonista do campionato sería a discípula de Javier López Viñas, Antía Sestelo do A. Femenino Celta, quen no concurso de xavelina estableceu un novo Récord Nacional Sub16 logo de lanzar ata os 46.93 m. no seu cuarto intento (X /38.49/42.57/46.93/43.50/39.92). Con este rexistro mellora os 46.29 m. da canaria María Luján que dende o ano 2003 constituían o tope nacional da categoría. Por si fora pouco a céltica sería quen no concurso de peso, de mandar a bola de 3 kg. ata os 11.79 m. que a sitúan de igual modo de líder do ránking nacional.
No resto de probas, Jorge Román do Celta acadaría un magnífico rexistro nos 300 m. logo de impoñerse con 36.53 o mesmo que Carla Guisande do Beade quen sobre a proba do quilómetro baixaría dos tres minutos parando o reloxo nuns salientables 2:58.59.
O líder do ránking nacional dos 3.000 m. Hugo García da Gimnástica conseguría o título galego con autoridade na súa final marcando 9:05.11.
Pola súa banda a atleta local do ADAS-Proinor Belén García sería outra das protagonistas ó impoñerse nos valados longos con 44.38, malia que sería nos curtos onde co seu rexistro de 14.82 establecería un nóvo récord galego Sub16. Con estas destacadas actuacións, a do Barco confirma a súa importante progresión que ademáis a fan situarse de segunda no ránking nacional en ambas probas. Nos homes David Ngwudile do San Miguel de Oia baixaría dos 42 segundos nos 300 valados ata deixar o reloxo en 41.96.
No concurso de pértega chegaría o terceiro récord galego Sub16 da xornada da man da local Lola Bouza do ADAS Proinor quen rebasaría o listón ata deixalo nos 3.15 m. que representan unha mellora de cinco centimetros o anterior récord que ela mesma tiña dende marzo. Na categoría masculina bo concurso do lucense da Escola Atlática, Aitor Fernández quen chegaría ata os 3.32 m.
En lanzamentos Paula Piñón do Friol en disco con 39.40 m. así como Laura Tilde do A. Femenino Celta en martelo con 45.89 m. serían os protagonistas das súas probas. De igual modo Nicolás Ortega do Coruña Comarca lanzaría ata os 50.38 m. no concurso de disco mellorando amplamente os 47.92 m. que el mismo tiña acreditados.
Por último non menos interesante resultarían os rexistros da proba dos obstáculos na que o título de campión galego correspondería a Martín Rivera do Ourense Atletismo con 4:37.41 seguido de Iker González do Franciscanos de Lugo con 4:38.38 ocupando o terceiro lugar Pedro Vázquez do Celta con 4:39.88.
Na foto, Antía Sestelo.