Letras galegas a ritmo de Relevos

Mañá 17 de maio, Día das Letras Galegas 2018, que este ano estará adicado a María Victora Moreno, acontecerá en Ourense o II Campionato de Galicia de Relevos que se desenvolverá ca colaboración e organización do Club Deportivo Aurum.

Este campionato de recente creación, achégase a súa segunda edición co propósito de dar un novo pulo a este sector que polas súas características viña de ocupar un menor protagonismo dentro do apartado de tecnificación. Malia elo, e dende fai xa algúns anos, estánse a realizar concentracións periódicas e específicas deste sector que ademáis veñen enriquecidas ca aportación de técnicos de prestixio como sería o caso na última das mesmas, da participación do responsable da RFEA do sector Valentín Rocandio.

Nas probas, que se disputarán dende as 10:45 horas ata as 14.00 horas,  poderanse contemplar as evolucións dos múltiples equipos que dende as categorías Sub10 ata os Máster tomarán parte nas distintas carreiras programadas.

Lembramos que o ano pasado o Riazor Coruña sería o gran dominador na categoría absoluta logo de imporse nos dous relevos curtos así como no relevo do 4×400 m. feminino. O Coruña Comarca acadaría o campionato galego nos 4×400 m. homes.

Compartir: