Resultados

Lugo e A Pobra, centrarán o foco de atención

Dous importantes Campionatos de Galicia serán os que esta fin de semana acaparen a nosa atención.

Por unha banda as pistas lucenses do Estadio Gregorio Pérez Rivera serán o escenario escollido no sábado para o desenvolvemento do Campionato autonómico por equipos Sub10, Sub12 e Sub14 tanto en categoría masculina como na feminina e como xa o fixera a fin de semana pasada as pistas do INEF Bastiagueiro cos Sub16 e Sub20. Ó igual que acontecera na parroquia oleirense, agárdase un importante número de participantes xa que nada menos que setenta e cinco equipos dun total de vinte clubs, moverán a máis de  mil cincocentos atletas polas pistas lucenses.

Como sempre especial atención ós clubs do Vila de Cangas quen no ano pasado gañaría as categorías Sub12 e Sub14 feminina acadando dous podios máis, Ourense Atletismo con catro así como Coruña Comarca e ADAS Proinor con dous cada un, tentarán reeditar a súa excelente actuación da tempada pasada.

De Lugo pasamos ó Concello da Pobra do Caramiñal onde o domingo acontecerá un non menos importante IV Campionato de Galicia de Trail xusto un día despóis de que a localidade Castellonense de Penyagolosa acolla o Campionato do Mundo da especialidade e que pon de manifesto a importancia que está a ter esta disciplina que mistura natureza, aventura, montaña e campo a través.

No que atinxe a participación de atletas destacados, cóntase ca presencia dos actuáis campións de Galicia Ana de la Fuente e Alberto Carou, ambos do C. Atletismo O Pino, quenes defenderán o seu título logrado o ano pasado no mesmo concello.

Compartir: