Continúa o calendario oficial de probas da FGA avanzando na súa programación de campionatos ca celebración esta fin de semana do autonómico de clubs Sub16 e Sub20 que dará paso a outros non menos importantes como son o Sub10, Sub12 e Sub 14 por equipos do día 12 en Lugo, o IV galego de trail o 13 en A Pobra, o II galego de relevos o 17 en Ourense, para pechar cos autonómicos individuais Sub18 (Ferrol) e Sub16 (O Barco de Valdeorras) que se disputarán o 26 e 27 deste mes respectivamente.
No que atinxe a este sábado e a partir das 10:15 horas nas pistas do INEF de Bastiagueiro, daranse cita preto de 650 atletas dos corenta equipos que forman os dazasete clubs participantes en representación de todas as delegacións galegas, sendo por volume, un dos campionatos de pista con maior número de atletas tomando parte.
En canto ós pronósticos haberá que ter presente ós gañadores da edición do ano pasado cando nas pistas lucenses do Gregorio Pérez Rivera a S.Gimnástica de Pontevedra domiñaría na categoría Sub16 tanto en homes como en mulleres sendo as victorias moito máis axustados na categoría Sub18 con triunfos tanto para o C.A. Santiago nos homes como para o A.F. Celta nas mulleres.