Resultados

Comeza a liga de clubs para os equipos galegos

Logo da disputa o pasado fin de semana do Campionato de Galicia de Clubs na que as distintas formacións porían a punto a súa maquinaria atlética, arrinca o verdadeiro test co comezo do Campionao de España da mesma modalidade tanto na División de Honra como na Primeira División.

Con aspiracións e metas distintas, seis equipos galegos tomarán parte nesta importante cita nacional na que a Sociedad Gimástica de Pontevedra (en Honra masculina e Primeira feminina), RÍA Ferrol – CCA, Real Club Celta, Atletismo Femenino Celta e Atletismo Narón serán os nosos representantes.

Na División de Honra un ano máis teremos o RÍA Ferrol – CCA nas mulleres e Sociedad Gimnástica de Pontevedra nos homes cuxas aspiracións a priori, deben partir por apuntalar a súa permanencia un ano máis na máxima categoría. Neste primeiro encontro moi complicado para os pontevedreses, terán que desprazarse ata Madrid para enfrontarse ós locais do Moratalaz, e que xunto o Fent Cami Mislata e o Unicaja integran este primeiro grupo que xa superarían ós galegos na clasificación xeral ligueira do ano pasado.

Pola súa banda as ferrolanas compitirán en Zaragoza nun encontro igual de complicado onde se medirán a tres potentes equipos, dous dos cales tomarían parte na fase de loita polo título de liga, o Playas de Castellón (que remataría terceiro) e o Simply – Scorpio 71 (sétimo clasificado). O obxectivo pasa por intentar vencer ó Unicaja e acadar dous puntos neste primeiro encontro.

Xa na Primeira División masculina, Balaídos será sede dun cuadrangular no que o Real Club Celta enfrontarase ó Atlético Salamanca, o Perciana – Extremadura e o Club de Atletismo Narón que volta a primeira división. A priori os salmantinos descendidos de honra o ano pasado e os extremeños que disputarían a fase de ascenso, parten como favoritos máis os vigueses terán moito que decir logo da inxección de moral de ter acadado o título autonómico. Pola súa banda o Narón loitará pola suma dalgún punto que lle permita evitar a última praza neste duro encontro para os “azulóns”.

Na categoría feminina outro duelo será o que manteñan os equipos galegos da S.G.Pontevedra e do A.F Celta que xunto ó Piélagos e o CEA Tenerife medirán as súas forzas nas pistas do CGTD de Pontevedra. O Piélagos, recén descendido na División de Honra, parte como favorito sendo os tinerfeños, a priori, os riváis máis accesibles para que tanto Celta como Gimnástica sumen puntos.

Liga de Clubs 2018

Foto: Atletismo Narón quen logo de ascender o ano pasado, tomará parte na Primeira División masculina

Compartir: