Cor celeste no Campionato Galego de Clubs

Balaídos vibraría esta fin de semana ca disputa do XX Campionato de Galicia de Clubs que xuntaría ós mellores equipos galegos na procura do primeiro título importante por clubs do aire libre nun campionato de dez no organizativo e no deportivo.

Tanto o RÍA Ferrol como a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que defendían o título acadado o ano pasado nas pistas ferrolanas da Malata, veríanse superados por un Celta moi motivado neste primeiro ensaio xeral de cara a ese inminente comezo do Campionato Nacional de Clubs que dará comezo a vindeira fin de semana.

As dez e trinta minutos comezaba esta vixésima edición na que por sectores, o Club Atletismo Santiago amosaba as súas intencións grazas o triunfo de Javi Cancela nos 100 m. que sería contestado polos primeiros postos tanto de Adrían López do A. Narón dos 200 m. como de Pedro Juncal do Real Club Celta nos 400 m.

No medio fondo e fondo reparto de puntos entre os dous aspirantes con victorias para Carlos Porto da Gimnástica nos 1.500 m. e de Gonzalo Basconcelo do Celta nos 3.000 m. Elían Nuna pola súa banda, lograría un dos dous triunfos individuais para o Narón impoñéndose  nos 800 m. e correspondendo o outra victoria para unha das agradables sorpresas da tempada, Demba Sanyang nos 400 m.v.

Nos 110 valados Miguel Pérez do LUCUS Caixa Rural domiñaría a proba na que partía como favorito ó igual que Alejo Ares do ADAS nos obstáculos.

Nos sector dos concursos de lanzamentos, incontestable hexemonía pontevedresa grazas ás victorias de Manuel Vila en xavelina, Francisco Javier Guzmán en disco e Víctor Gallego en peso. Tan só o celeste Nacho Rodríguez sería quen de impoñerse no concurso de martelo. Máis repartido estaría os saltos con triunfos da Gimnástica de David e Santi Ferrer na lonxitude e pértega. Alberto Elena do Celta en triplo, e Xavier Esteban do LUCUS en altura imporíanse no resto de probas deste sector. Xa nos relevos dominio da Gimnástica e do A.Naron no curto e longo.

Na marcha, os santigueses acadarían a súa segunda victoria grazas a Roberto Vieiro quen sumaría uns moi bos nove puntos que xunto ó resto de actuacións, faría que os santiagueses acadaran un podio histórico nestos campionatos cun total de 115 puntos. No máis alto de ese podio, un ano máis, estarían os atletas do Real Club Celta cunha puntuación total de 137,5 p. rebasando ós da Gimnástica (segundos) por seis puntos e medio.

O Ría cedería ante o ímpetu das locais

Si en homes o triunfo sería moi laborioso non menos o sería na categoría feminina na que as celestes sumarían o seu terceiro título por clubs desbancando da segunda posición do “ránking” ás compostelanas do CUA de Santiago quenes con tres (o último acadado no ano 2002) lideraban o segundo lugar.

Nesta categoría os triunfos estarían máis concentrados entre as dúas aspirantes ó título. Así a velocidade contaría ca importante aportación da celeste Nediam Vargas que gañaría os 100 m.l.  contribuindo ó triunfo do relevo curto cun excepcioal rexistro de 47.57. Xunto a venezolana, importante victoria de Andrea Pais tamén nos 400 m.l. sendo Paula Ferreiros pola súa contra do RÍA, a gañadora nos 200 m.

No medio fondo e fondo reparto de primeiros postos con Lucía Sicre do RÍA dominando claramente nos 800 m., ó igual que farían Sandra Mosquera do ADAS nos 1500 m. e Celia Pérez do A.F. Celta nos 3000 m.

A local Enma Valencia daría uns puntos valiosísimos para as aspiracións do seu club na proba dos 100 m.v., contestando de contado o RÍA co triunfo de Lía Caride nos 400 valados. Alice Marie Genevieve nos 3000 m. Obstáculos, Iria Rivas en Marcha, Olaia Guisela Becerril na lonxitude, Eva Quimaño en altura,  Bea Viteri en pértega, e a victoria no 4×400 serían argumentos moi contundentes para apuntalar a victoria celeste con 152 puntos totais. Capítulo aparte merece Irene Gómez quen lograría un magnífico rexistro de 53.18 m. en martelo que serviríalle para estrear victoria nesta competición a nivel individual e para acadar o récord galego sub-18, sub-20 e sub- 23 do concurso.

Por parte do Ría pouco poideron facer os triunfos tanto de Tania Valverde en triplo como a das ovetenses Gloria García e Aldara Alvárez en peso e disco para contrastar o dominio local,  que acabaría relegándoas ó subcampionato nesta edición cunha puntuación total de 141,5 p. O terceiro lugar sería para a Gimnástica con 114,5 p. e co único triunfo individual de Andrea González na xavelina

Logo das últimas probas a ledicia, os cánticos e as celebracións na ría de obstáculos marcarían o remate dunha xornada moi intensa, na que competitiviade, deportividade e compañeirismo serían a tónica dominante do campionato.

Resultados

Compartir: