Resultados

Teijeiro e Serantes, campións galegos de maratón

De novo as rúas do Concello da Coruña enchéronse de atletas para disfrutar dun día de ruta na que preto de 2.500 atletas tomarían parte na VII Maratón Atlántica. Esta proba, xa asentada e consolidada no calendario nacional, era da mesma maneira Campionato de Galicia e proba de 10 km para aqueles que desexaron un circuíto máis accesible en canto a distancia.

Con toda a gran loxística preparada dende primeiras horas do anoitecer, daríase a saída as 08:30 a máis de mil atletas na que que a priori non había ningún claro favorito para o título autonómico. Para disipar dúbidas habería que agardar ata transcorridas 2:35:28 para ver entrar no marco incomparable da praza de María Pita a Ramón Serantes do Marineda Atlético impoñerse neste Campionato por diante tanto de Cayetano García con 2:27:30 do 3RUN by Pedro Nimo como de Alberto Moris do Marineda Atlético con 2:39:29. Manuel Cañar sería o gañador absoluto da Maratón Atlántica masculina con 2:22:00

Na categoría feminina o título sería para Sonia Teijeiro do Burgas Ourense con rexistro de 3:00:19 (e que supón un novo récord galego máster 45)  polos 3:09:15 de Beatriz Fernández do Atletismo Corredoiras e Inés Papín do Atletismo Sada con 3:13:58.  A gañadora da clasificación xeral sería Mónica Granero con 2:59:29

Pola súa banda tanto Paula Mayobre como Pedro Nimo serían os trunfadores na proba popular dos 10 km. que sería a que contaría cun maior número de participantes con preto de 1.500 inscritos.

De igual modo en canto a clasificacións por clubs os dous primeiros serían na categoría feminina o C.A. Sada e o Egovarros e na masculina o Marineda Atlético, C.D. Pinarium e o 3Run by Pedro Nimo respectivamente

Resultados

Compartir: