O vindeiro domingo día 15 de abril acontecerá unha das grandes probas atléticas de ruta como é o desenvolvemento do Campionato de Galicia de Maratón que coincide ca disputa da a VII Maratón Atlántica A Coruña 42 organizada pola Federación Galega de Atletismo e o Concello de A Coruña.
Esta importante cita, que se achega a súa sétima edición, verá de novo polas principais rúas herculinas a varios centos de participantes disfrutar deste importante evento deportivo e social, que contará este ano ca participación de importantes especialistas á cabeza dos cales se atopan o olímpico portugués Luis Feiteira. En canto a participantes galegos estarán da mesma maneira na línea de saída Pedro Nimo, así como Mónica Granero que defenderá o título acadado o ano pasado, ou mesmo a gañadora do 2016, María Rosario Figueroa.
Ó longo de todas as edicións, a Marathon Atlántica foi escenario dos distintos Campionatos de Galicia malia que como é costume, celebrarase de maneira parella unha proba de 10 km. que permitirá facer máis asequible a participación a todos cantos desexen tomar parte.
RELACION DORSAIS ASIGNADOS NA MARATHON
RELACION DORSAIS ASIGNADOS NOS 10 KM.
Lembramos que a retirada dos dorsais será hoxe venres 13, de 17:00 a 21.30 horas, e mañá sábado 14, de 10.00 a 21.30 horas, no Departamento de Deportes El Corte Inglés de Marineda City
PALMARÉS FEMININO CORUÑA 42 | |||||
Ed. | Ano | Data | Atleta | Club | Rexistro |
I | 2012 | 15 Abril | María Cabadas | – | 3.10.56 |
II | 2013 | 21 Abril | María Jesús Gestido | – | 2.40.23 |
III | 2014 | 27 Abril | Sonia Teijeiro | Ourenrunning | 3.05.56 |
IV | 2015 | 19 Abril | María Rosario Figueroa | – | 3.05.39 |
V | 2016 | 17 Abril | Charo Figueroa | – | 3.02.37 |
VI | 2017 | 23 Abril | Mónica Granero | 2.59.02 |
PALMARÉS MASCULINO CORUÑA 42 | |||||
Ed. | Ano | Data | Atleta | Club | Rexistro |
I | 2012 | 15 Abril | Tewodros Zewdu Asfaw | Etiopía | 2.19.47 |
II | 2013 | 21 Abril | Javier Guerra | Atletismo Bikila | 2.12.21 |
III | 2014 | 27 Abril | Rafael Iglesias | C.A.Adidas | 2.15.58 |
IV | 2015 | 19 Abril | Manuel Penas Blanco | NB Team | 2.19.39 |
V | 2016 | 17 Abril | David Pelisek | Rep. Checa | 2.29.27 |
VI | 2017 | 23 Abril | Javier Paredes | 2.33.55 |