As combinadas piden paso esta fin de semana

De novo as pistas do CGTD de Pontevedra darán acollida os días 7 e 8 desta fin de semana o IV Campionato de Galicia de Clubs de Probas Combinadas (Sub-16 ata absoluto) así como o XIV Campionato de Galicia Máster da mesma especialidade.

Na relación de equipos masculinos inscritos nesta edición toman parte a Sociedad Gimnástica de Pontevedra que defende o título acadado o ano pasado neste mesmo esciario. Xunto ós actuáis campións, aspiran ó título da mesma maneira o C.A. Millaraio e C.A. Narón. Na categoría feminina, e ante a ausencia do Riazor Coruña gañador o ano pasado, a loita estará entre a Gimnástica de Pontevedra (actual subcampión) e o C.A. Millario.

No que atinxe a categoría de veteranos salientamos a presenza da campioa do ano pasado Angeles Bernárdez do Samertolomeu na categoría Máster 45

Horario definitivo

Relación de Participantes

Compartir: