Resultados

A milla busca ós seus campións

A Federación Galega de Atletismo e o Club Atletismo Santiago organizarán, co patrocinio do Concello de Santiago de Compostela, o Campionato de Galicia de Milla en Ruta absoluto e das categorías Sub-18, Sub-20, Sub-23 e Máster, así como o Campionato de Galicia de 1 Km. en Ruta das categorías Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Sub-16 o vindeiro domingo 8 de abril.

Será a Praza de Galicia de Santiago de Compostela o punto de saída dos preto de 600 inscritos quenes tomarán parte nas distintas probas programadas a partir das 10:00 horas. Paralelamente tamén celebrarase a I Milla Urbana “Portas de Compostela”.

Entre os que figuran na relación de participantes (a día de hoxe) atópase o campión absoluto do ano pasado na edición de O Pino, Alberto Chaves, quen defenderá título, tendo fronte el a Gonzalo Basconcelo do Celta, Iván Vales do C.A. Santiago ou mesmo o lucense Iván Manso do Lugo Running como rivais de consideración.

Na categoría feminina, a campioa da edición do ano pasado Leticia Fernández do ADAS non se atopaba na relación de inscritos (por hoxe) malia que sí estaba confirmada a participación da medalla de bronce de O Pino 2017, Ariana González do Trega.

Compartir: