Ouro: Lidia Parada: Xavelina 61.25 m. (RG)
Prata: Belén Toimil: Peso 15.77 m. – Frank Casañas: Disco 56.97 m.
Bronce: Leticia Gil: Lonxitude 6.25 m.

Resultados – Actuación galega

A tregua dos festivos, dará un novo impulso ó calendario

Unha vez rematados estes días festivos na que a frenética axenda atlética tomaría un certo respiro, comezamos unha nova e apretada axenda de campionatos e competicións que arrincarán nesta segunda fin de semana do mes de abril.

Para comezar o día 7 e 8 desenvolverase nas pistas do CGTD de Pontevedra o Campionato de Galicia de Probas Combinadas que terá nas súas modalidades de clubs e máster ós seus protagonistas. Estas mesmas instalacións darán acollida o domingo outro importante evento como é o II Trofeo Escola de Marcha Atlética. Da mesma maneira o domingo, a capital galega será escenario da disputa do Campionato de Galicia de Milla en Ruta e 1 km. ca presenza e participación dos mellores especialistas da distancia.

Xa en clave estatal teremos o Campionato de España de Fondo en Pista, Trofeo Ibérico cuxa sede será a localidade portuguesa de Braga, e a nivel internacional contamos ca participación de El Mehdi El Nabaoui no Campionato do Mundo de ISF de Campo a Través que se disputa en París do 2 ó 7 deste mes. Por último as distintas fases en pista do XOGADE,  a IV Carreira Popular de Dous en Dous de Carballo, e o Control de Marcas que organiza a Delegación de O Barco de Valdeorras o vindeiro sábado, completarán estas interesantes xornadas

Todas estas novas serán ampliadas ó longo desta semana.

Compartir: