Campionato de España de 20 km. marcha en Ruta

Non tiveron o seu día os nosos marchadores masculinos no LXX Campionato de España de Marcha dos 20 km. en Ruta Absoluto e Sub-23 que se desenvolveu esta fin de semana en Castellón.

Ata alí acudiron un total de catro atletas na que o máis salientable sería o posto de finalista colleitado pola marchadora do Ourense Atletismo Inés Valentín na categoría Sub-23 quen chegaría na oitava posición con rexistro oficial de 1h.48:50. Esta mesma atleta sería décimo cuarta na categoría absoluta.

O resto de participantes onde se atopaban Fran Durán da Real Sociedade, Marcos Cintrón do Lugo Runing R.L. e Emilio Novas do A. Narón, abandonarían a súa proba.

Resultados

Compartir: