Nova cita para os marchadores galegos

A Comunidade Valenciana será escenario doutra das citas importantes nesta fin de semana xa que a Castellón dará acollida o LXX Campionato de España de Marcha dos 20 km. en Ruta Absoluto e Sub-23.

Ata alí acoden un total de catro marchadores galegos na que destaca a presenza de Fran Durán da Real Sociedade quen tomará parte na proba senior con intención e ganas de resarcirse do seu último abandono no nacional dos 50 km. o pasado 25 de febreiro en Burjassot.

Na categoría Sub-23 contarase ca presenza dun dos aspirantes ós postos de podio, o lucense do R.C. Ramos Lourés Marcos Cintrón quen acude cun destacado rexistro e na que xa o ano pasado acadara a cuarta posición nesta mesma categoría no nacional de Mérida. Xunto el tamén acude Emilio Novas do A. Narón, marchador que está a experimentar unha clara progresión e na que haberá que agardar o seu comportamento.

Na categoría feminina, estará presente Inés Valentín do Ourense Atletismo na categoría Sub-23 e absoluta e quen esta tempada xa realizaría un rexistro de 52:35 nos 10 km. Ruta.

Lista de inscritos

Compartir: