Esta fin de semana acontecerá na Pista Universitaria de Santiago de Compostela o Campionato de Galicia de 5.000 m. para as categorías Sub-18, Sub-20 (só mulleres) e o 10.000 m. para as Sub-20, Sub-23, Absoluto e Máster.
Con esta proba dase o pistoletazo de saída a tempada de aire libre que arranca na capital galega ca participación de preto de sesenta atletas inscritos entre os que salientamos a presenza nos 5.000 m. das corredoras do ADAS Proinor Sonsoles Martín quen no ano pasado xa acreditara un rexistro de 19:15.49 e de Marta Ballesteros con 19:49.90
Amadeo Abal do Fisioterapia San Lázaro pola súa banda figura inscrito na proba dos 10.000 m. cun tempo oficial de 32:54.64 que farán del un dos favoritos o título
Xa na categoría feminina, destaca participación da atleta subcampioa de Europa máster do ano pasado nos 10.000 m. Soledad Castro do Comesaña S.C. (40:47.54) quen figurará na línea de saida xunto a catro atletas máis.
Foto. Diario La Región