Resultados

Toimil e Casañas, na Copa de Europa de Lanzamentos

O estadio de atletismo Magalhães Pessoa ubicado na localidade portuguesa de Leiría dará acollida esta fin de semana a Copa de Europa de lanzamentos onde se darán cita para tomar parte os mellores lanzadores do vello continente. Ata alí acode a Selección Española cun total de dazaoito atletas entre os cales se atopan os galegos Frank Casañas e Belén Toimil.

O lanzador olímpico Frank Casañas tomará parte no concurso de disco na que este ano ten un rexistro acreditado de 59.38 m. realizados no Campionato de Galicia de Lanzamentos de Inverno o pasado 10 de febreiro en Pontevedra.

Pola súa a nosa plusmarquista galega Belén Toimil tomará parte no concurso de peso na procura de ir acadando ese estado de forma que xa a levara o ano pasado a lanzar ata os 17.38 m.

Web Leiría 2018

Compartir: