A competición máis importante da tempada estatal de campo a través acontecerá esta fin de semana coa celebración do Campionato de España Individual, Máster e por Clubs que terán as súas sedes na capital extremeña de Mérida e na localidade avilesa de Candeleda.
Coma sempre a nosa comunidade acode cun importante número de atletas e cas seleccións Sub-20, Sub-23 e Senior das que compre salientar a participación dos internacionais Sub-23 Tariku Novales e Adrián Ben cuxa presenza dará un importante potencial ó seu equipo que o convertirán nun serio aspirante ó podio
Lembramos que o ano pasado Galicia acadaría dúas medallas individuais precisamente dun dos grandes e importantes ausentes, Miguel González, quen acadría o título nacional e de Adrián Ben que colleitaría o subcampionato. Por selección os mellores postos serían para os equipos sub-20 masculino e femeninos, quintos e sextos respectivamente.
Da mesma maneira tanto Xosé Manuel Meizoso do Olímpico de As Pontes, como Juán Menéndez e Silvia María Díez do Egovarros Viveiro, serán os tres representantes galegos que tomarán parte no Campionato de España Máster de Candeleda este domingo 11 de marzo.