Resultados en directo  

Os Sub-16 citánse co seu autonómico do sábado

Logo do magnífico campionato de España Sub-20 que se viviría a pasada fin de semana en Ourense, continúa a actividade baixo cuberta que encara pouco a pouco o seu último treito.

Este sábado día 10 e a partir das 16:00 horas, dará comezo o XXXI Campionato de Galicia Sub-16 reservado para todos aqueles atletas que teñan establecidas algunhas das marcas mínimas fixadas para poder tomar parte nos mesmos.

Salientamos a participación de destacados deportistas tales como Lope Quinteiro do Vila de Cangas quen tomará parte nos 600 m. (17:25 horas) cun rexistro acreditado este ano de 1:28.62. Xunto el competirán na mesma proba os atletas do Franciscanos Álvaro López e Iker González con 1:29.34 e 1:29.54, poidendo tomar parte este último atleta tamén na proba dos 1.000 m. (19:05 h.). Pola súa banda a atleta do Ourense Atletismo Antía Castro parte como clara na favorita na proba dos 1.000 m. (18:50 horas) onde este ano acreditaría un tempo oficial de 3:08.35.

Será o líder do ránking nacional Hugo García da Sociedad Gimnástica con 9:03.48 quen encabece a relación de atletas participantes dos 3.000 m. (20.15 h.) ó mesmo que Belén García do ADAS Proinor, quen non debería ter problemas nos valados grazas os seus 9.18 as 19:25 horas

Xa nos concursos destacada presenza en pértega  (17:10 h.) de Aitor Fernández da Atlética Lucense que ven de saltar este ano 3.45 m. e na que de novo Lope Quinteiro porá a calidade en peso as 17:40 horas. O mesmo ocorre con Lucía Couselo do Riazor Coruña en altura abrindo o campionato e Lola Bouza do ADAS-Proinor en pértega. Interesantes duelos serán os que presenciaremos na lonxitude as 17:20 h. na que saltarán Carla Mourelle do Lucus Caixa Rural que ten acreditados 5.15 m.e Alba Cuns do Atletismo Negreira con catro centímetros menos. Por último en peso (16:15 h.)  Paula Piñón do Atletismo Friol con 11.37 m. e Erea Bastón do Vila de Cangas con 11.14 m. garantizarán un gran espectáculo no círculo de lanzamentos.

Compartir: