Son moitos varios e importantes os frontes atléticos competitivos que esta fin de semana se atopan abertos ó longo de toda a xeografía do Estado.
Para comezar, en Salamanca disputaranse do 02 ó 04, os XXIV Campionatos de España Máster en Pista Cuberta no que nada menos que un total de 166 atletas tomarán parte nos mesmos intentando mellorar ese balance colleitado en Gijón o ano pasado e na que os nosos representantes acadarían un total de 46 medallas (11 ouros, 18 pratas e 17 bronces) así como a consecución de 21 novos réords galegos e 3 nacionais.
Outro importante foco de atención será a dos atletas en idade escolar quenes tomarán parte do Campionato de España Campo a Través do CSD en Murcia o próximo domingo, e na que Galicia acude cos equipos Sub-18 e Sub-16 ó fronte dos cales se atopan El Medhi El Naboaui, Sara López, Hugo García e Elsa Pena. O obxectivo non é outro que o de intentar facer un bo papel tanto individual coma por equipos e mellorar esas dúas medallas individuais e unha por equipos acadadas o ano pasado na localidade extremeña de Don Benito
Xa por último, en Montijo disputarase o VIII Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Longos á que acuden un total de seis galegos. Na categoría masculina contaremos ca presenza do catro veces olímpico Frank Casañas quen tomará parte en disco e que estará acompañado por Víctor Gallego. Xunto eles Carlos Revuelta e Nacho Fernández lanzarán no concurso de martelo. En mulleres a mundialista en Londres o ano pasado Belén Toimil concursará en peso o mesmo que Ángeles Filgueira en xavelina.
Relación de atletas galegos en Salamanca
Relación de atletas galegos en Montijo
Relación de atletas galegos en Murcia
Na foto, Hugo Garcia (web da S.G.P.)