Resultados

Bo papel dos máster no seu nacional de lanzamentos

Un total de oito metais serían as que os máster galegos traerían consigo do I Campionato de España de Inverno de Lanzamentos que se desenvolvería o pasado fin de semana no concello oscense de Monzón.

Ata alí desprazaríanse un total de cinco atletas na que o máis destacado serían as dúas medallas de prata colleitadas polo atleta pontevedrés do A. Narón Carlos Ferrer na M-55 nos concursos de disco e martelo con 36.86 m. e 14.59 respectivamente

Na M-40 e no concurso de martelo, dominaría a súa proba amplamente o atleta do ADAS-Proinor Javier Cid quen se proclamaría campión de España con 47.89 m. José Domínguez do A. A Silva sería tamén podio cunha nova prata na xavelina M-45 con 42.87 m.

Xa na categoría feminina tomaron parte a campioa do Mundo de A Silva María de los Angeles Rodríguez na M-60 quen gañaría os títulos nacionais en xavelina con 21.57 m. e martelo con 23.03 m. establecendo nesta última proba un novo récord galego.  Ana María Abuín na F-55 pola súa banda, imporíase no martelo pesado con 10.05 m. sendo prata no martelo de 3 kg. con 26.32 m.

Resultados

Compartir: