A Marcha Galega tentará agrandar o seu importante palmarés en Burjassot

Logo da disputa do Campionato de Galicia de Marcha en Ruta, deuse a coñecer a composición da Selección Galega que tomará parte o vindeiro día 25 de febreiro no concello valenciano de Burjassot, no Campionato de España de Federacións Autonómicas.

A esta cita acuden un tota de 18 marchadores das categorías Sub-16 e Sub-18 ca misión de intentar mellorar esos postos acadados o ano pasado na illa de El Hierro e na que a nosa Comunidade subiría en todos os podios por equipos acadando un total de catro medallas.

Para elo acudirá cunha potente selección na que cabe salientar a presencia da internacional Antía Chamosa que estará acompañada, entre outras, por Leyre Aramburo na categoría Sub-20 feminina. Roberto Vieiro, vixente campión galego absoluto acudirá xunto Brais Prieto medalla de bronce, ó fronte dun equipo Sub-20 disposto a defender as cores da selección.

Mateo Díaz e María Aboy gañadores  en Cangas no seu autonómico, encabezan o grupo da categoría Sub-16 quenes tamén defenden podio.

No campionato nacional Absoluto contarase ca presencia de Jose Durán, xa instalado nos 50 km. marcha, quen procurará rematar esta proba logo de que non puidera facelo nas tres últimas tentativas.

Xa por último e no Campionato de España Máster José Fernández do R.C.Celta que ven de ser segundo no nacional Master de Getafe, e Conchi Campos do Cuntis, quen defende título nacional, serán os nosos representantes tanto nos 20 km. como nos 10 km. nesta categoría respectivamente.

PLAN DE VIAXE

Compartir: