Resultados en directo  

O foso do Barclaycard Arena agarda a Ana Peleteiro

No día de onte anunciábase oficialmente a inclusión de Ana Peleteiro na lista oficial de atletas hispanos que acudirá a tomar parte no Campionato do Mundo de Pista Cuberta de Birmingham os días 1 ó 4 de marzo.

Malia non contar ca mínima esixida pola RFEA para tomar parte no campionato de 14.30 m., a de Ribeira xa saltara este ano 14.22 m. (MMP) dándose por seguro que o máximo organismo internacional acabaría convidando á galega para acudir a este certame mundial.

Con esta nova convocatoria a discípula de Iván Pedroso suma un total de sete internacionalidades das que as máis destacadas actuacións serían as medallas de bronce do Campionato do Mundo Xuvenil no 2011 e do Campionato de Europa Junior no 2013; a medalla de Ouro no Campionato do Mundo Xuvenil de Barcelona no 2012 e a de prata do Europea Sub-23 no 2017 así como o posto de finalista no Campionato do Mundo de Londres do ano pasado.

Currículo deportivo

Compartir: