O sector de lanzamentos presume de canteira e calidade

Unha vez máis Lugo volveu ser esta pasada fin de semana o lugar escollido para a disputa do II Campionato de Galicia de Lanzamentos de Inverno Sub-16 e Sub-18 na que unha importante presenza de lanzadores daría emoción e espectáculo a esta importante cita.

O máis salientable que acontecería nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera sería o fabuloso novo récord galego Sub-18 de Irene Gómez Costas do A.F. Celta quen no concurso de martelo (3 kg.) lanzaría ata os nada menos que 59.27 m. pulverizando a anterior marca que ela mesma tiña e que a fan seguir sumando e seguindo ca súa importante progresión. Neste mesmo concurso, triunfo na categoría Sub-16 para Laura Tilve do A.F. Celta quen chegaría ata os 41.41 m. o mesmo que o tamén celeste David García quen faría o propio na categoría masculina con 53.10 m. establecendo una MMP. Na categoría Sub-18 Yago Araujo do Beade gañaría con autoridade malia que non podería pasar dos 60 m. téndose que conformar cos nada despreciables 58.23 m.

No disco bo concurso para Paula Piñón do Friol, quen quedaría a tan só cinco centímetros da súa MMT con 31.35 m. Nicolás Ortega do Coruña Comarca proclamaríase campión galego con 41.68 m. (MMP). Xa na categoría Sub-18 o celeste Nicolás García andaría polas súas marcas impoñéndose con autoridade con 53.07 m. o mesmo que a lanzadora do AVA Cristina Freire quen con 35.03 m. acadaría o título de campioa galega por dous metros, nunha final emocionante a María Jiménez da Gimnástica.

Na xavelina interesante duelo o presenciado entre María Pena de A Silva e Antía Sestelo do A.F. Celta quenes acudían a cita con 24 cm. de diferencia a favor da primeira. Xa no corredor de lanzamentos, triunfo máis doado do agardado para a de Cerceda impoñéndose cun rexistro de 40.92 m. polos 37.65 de Sestelo. Nos homes Daniel Mato do Millaraio quedaría algo alonxado dos seus 45.25 m. cos que se achegaba ó campionato lanzando no seu segundo intento ata os 41.00 m.

Jonatas Pereira do Cuntis e Andrea Botella do C.A. Santiago acadarían o títitulo de campións galegos Sub-18 con 56.71 m. e 38.00 m. respectivamente o que representa unha MMP para a santiaguesa mellorando en dez centímetros a súa anterior marca persoal.

Compartir: