O contorno do piñeiral da Madalena de Cabanas é o escenario escollido para albergar a XXXII edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Máster que poderemos presenciar este sábado a partir das 16:10 horas. A esta cita acudirán preto de 250 atletas que dos 35 anos en adiante, completarán as distintas distancias segundo as normativas da competición.
Neste evento deportivo organizado pola Federación Galega de Atletismo e no que colaboran o Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, e a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, conta co engadido da celebración dunha proba popular aberta a todos cantos desexen tomar parte na mesma que dará comezo as 16:00 horas
Media hora despóis, ás 16:30 horas, darase a saída para as categorías máster M-45 en adiante (Homes) cun itinerario de 5.500 metros. Ás 17:05 horas será o turno da categoría máster 35 en adiante (Mulleres), coa mesma distancia. E ás 17:35 horas, darase a saída para os máster M-35 e M-40 (Homes), cunha distancia a cubrir de 7.000 metros.
Cabe salientar a presenza dos gañadores da edición do ano pasado na categoría M-75 e W-60 Antonio Cabana e Begoña de Arriba respectivamente do Egovarros de Viveiro. De igual modo tamén acude a defender título Inés Papín do C.A.Sada na categoría W-45. A maiores contaremos ca destacada presenza do plusmarquista nacional en pista cuberta Xosé Luis Otero Cepeda do Universidade de Santiago así como a de Ramón Serantes do Marineda, Daniel de la Torre do San Miguel de Marín ou José Manuel Fernández do Verxel Nutrición por citar algúns.