Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub16 – Sub18 – Sub20

42º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia

Cangas decidirá os metais da marcha galega

Esta fin de semana Cangas dará acollida a o XXIX Campionato de Galicia de Marcha en ruta no que representa o arranque desta importante especialidade do noso atletismo.

Serán varias as ausencias que non acudirán a vila pontevedresa, ben por estudos como no caso de Mar Chillón, ben por lesións como Daniel Chamosa, ou ben por estar na preparación doutros obxectivos como Fran Durán ou Samantha Mulloni. En calquer caso, son moitos os marchadores que se darán cita e no que o máis salientable será presenciar na categoría masculina o duelo que manterán tanto Roberto Vieiro do C.A. Santiago como Marcos Cintrón do Lugo RC Ramos Lourés polo título autonómico. Nesta mesma categoría, non haberá que perder de vista nin ó céltico Brais Prieto nin moito menos as evolucións dos irmáns Alex e Emilio Novas do C.A. Narón con serias opcións a podio.

Xa na categoría feminina contarase ca presencia da internacional Antía Chamosa do C.A. Valladiolid quen na pasada fin de semana en Catalunya acadaría a mínima para tomar parte nos Campionatos do Mundo Sub-20 logo de estabrecer un rexistro de 48.21 moi preto do seu  propio récord galego e que fan dela a clara favorita da proba. Xunto a ela en postos de medallas deberían estar tanto Leyre Aramburu do C.A.Valladolid  como Rocío Carbia do Ría Ferrol.

A presentación do Campionato terá lugar o xoves día 8 ás 12:00 horas na Casa da Cultura de Cangas.

Guía Campionato de Galicia de Marcha en Ruta 2018

Compartir: