Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub16 – Sub18 – Sub20

42º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia

Javier Cid protagonista no Máster de Péntathlon de Lanzamentos

Este domingo pasado o Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra foi o escenario onde se desenvolveu o III Campionato de Galicia de Péntathlon de Lanzamentos Máster

A cita, que deu comezo as 09:45 horas contaría ca participación dalgúns dos máis importantes lanzadores máster do noso deporte malia que o protagonismo correspondeu  ó atleta do ADAS-Proinor Javier Cid quen non só acadaría o campionato na categoría M-40 con 3.098 puntos, senón que ademáis este rexistro representa un novo récord galego da categoría. De igual modo os seus 14,50 m. no martelo pesado supoñen de igual modo un novo tope galego do concurso.

No resto de categorías títulos para: Isidro Fernández da A.D.Mazí na M-35 con 1.985 puntos; Antonio Javier Pereira do Atletismo Cuntis na M-50 con 1.862 p; Carlos Ferrer no A.Narón na M-55 con 3.308 p.e José Manuel Almudí do ADAS-Proinor na M-75 con 3.024 puntos. Xa na categoría feminina triunfo para Irene Fernández do A.Narón na M-35 quen se impuxo cunha puntuación total de 1.184 puntos.

Resultados Máster Lanzamentos 2018

Compartir: