Os lanzadores Máster ante o seu campionato esta fin de semana

O vindeiro domindo 4 de febreiro o Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra será o escenario onde se desenvolva o III Campionato de Galicia de Péntathlon de Lanzamentos Máster  así como o II Campionato de Galicia de Lanzamentos de Inverno Sub-18 e Sub-16 á que acudirán atletas de todas as categorías.

A cita, que dará comezo as 09:45 horas co concurso de martelo para rematar sobre as 13:15 h. co martelo pesado, contará ca presencia de varios dos campións na edición do ano pasado entre os que salientamos a Carlos Alberto Almudí do C.A.Santiago quen defende título na categoría M-40, Javier Viteri do Ourense A. na M-50; Carlos Ferrer do A.Narón na M-55, Manuel Rodríguez do R.C.Celta na M-65, e José Manuel Almudí do ADAS-Proinor na M-75.

No campionato Sub-18 e Sub-16 será as 10:30 horas cando de comezo o mesmo rematando sobre as 19:30 horas co concurso de disco homes.

Inscritos pentatlón máster de lanzamentos

Compartir: