V Festa do Atletismo Galego – Peregrina 2020

(las notificaciones de bajas hasta el 12 de agosto al correo  atleriasbaixas@gmail.com)        STREAMING

Dous novos récords na fin de semana

Esta fin de semana durante o desenvolvemento de distintas competicións, establecéronse dous importantes rexistros a cargo dos atletas Adrián Ben e José Vicente Rioseco.

O atleta internacional lucense do F.C.Barcelona, e un dos expoñentes da “nova xeración do atletismo galego”, continúa súa marcha imparable comezada xa o ano pasado. Durante a mesma acadaría o Campionato Nacional Junior así como a madalla de bronce nos europeos de Grosseto nos 1.500 m. ó aire libre.  Ademáis diso, establecería os récords de España de 1.500 m. e 3.000 m. en pista cuberta entre outros logros destacados.

Nesta tempada e xa reposto da súa inoportuna apendicite que o apartarían do Campionato de Europa de Campo a Través, acudiría ós galegos absolutos en Ourense onde deixaría moi boas sensacións que se confirmarían este sábado no G.P. de Valencia. Na cidade do Turia, e na proba dos 3.000 m., pararía o reloxo en 8:04.08 que supoñen un novo récord galego sub-23 e que melloran o anterior rexistro que dende o ano 1.990 ostentaba o membro da actual xunta directiva da FGA Roberto Pérez Manuel.

Noutro orden de cousas, salientable tamén a actuación do atleta veterano M-75 José Vicente Rioseco que durante o transcurso da I Xornada do III Circuíto Coruña Corre en pista cuberta, desenvolto en Riazor o pasado sábado, establecería na proba dos 800 m. un rexistro de 2:45.75 que supoñen un novo récord de España indoor que rebaixa en preto de cinco segundos a anterior plusmarca de Manuel Alonso con 2:51.00 que posuía dende o ano 2013 en Donosti. Con esta nova plusmarca nacional o atleta do Egovarros de Viveiro sigue agrandado o seu currículo que conta, entre outros, cun récord Mundial nesta mesma distancia na M-70 con 2:36.29 do ano pasado en Antequera.

Na foto Roberto Manuel Pérez e Adrián Ben

Compartir: