Resultados

Un campionato de récords e emocións

A pista Cuberta de Ourense sería escenario no día de hoxe da disputa do XXXIII Campionato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta que como xa viñemos adiantando traería consigo unha gran cantidade de mellores marcas persoais, mínimas para Campionatos de España así como a consecución de varios Récords do Campionato.

Por sectores e dando comezo ca velocidade, acadaríanse dous récords do campionato na proba dos 60 m. Nerea Iglesias do Fontes do Sar, imporíase na final establecendo xa nas semifinais un rexistro de 7.89 e continuando ca súa importante progresión. Nesta mesma proba a internacional venezolana do A. Femenino Celta Nediam Vargas marcaría un crono de 7.62. Nos homes un motivádisimo Javi Cancela non podería millorar o seu rexistro de fai unhas datas de 6.85 malia elo establecería nas semifinais un tempo oficial de  6.90 deixando moi boas sensacións na súa proba.

Nos 200 m. Sergio Rodríguez nun excelente estado de forma, volvería baixar dos 22 segundos marcando 21.98  que supón récord do campionato, e que evidencia a calidade tanto dos nosos velocistas como da pista para este tipo de probas. Nas mulleres Paula Iglesias do Riazor Coruña mantería un fermoso duelo con Andrea Pais do Femenino Celta e na que a coruñesa acabaría por imponerse con 25.47. Xa nos 400 m. de novo Paula Iglesias volveríase proclamar campioa galega con 57.61 converténdose na indiscutible domiñadora da velocidade galega indoor. O seu compañeiro de adestramentos e especialistas en valados Carlos Moro, faría bos todos os pronósticos ó acadar a victoria con 50.35

No medio fondo e fondo os 800 m. masculinos terían en Elian Nuna López do Coruña Comarca ó seu protagonista con 1:54.44. De igual modo sucedería na categoría feminina ca internacional Raquel Meaños quen remataría a proba na primeira posición con 2:13.09. Na distancia raíña do medio fondo, os 1500 m., terían da man de Leticia Fernández a clara domiñadora cun rexistro de 4:30.81 e na que a segunda posición correspondería de novo a  Raquel Meaños con 4:38.86. Na proba dos 3.000 m. repetiría título a do ADAS-Proinor confirmando o seu excelente estado de forma con  9:21.85 seguida por Esther Navarrete. Na proba masculina a medalla de bronce no campionato europeo sub20 do ano pasado, Adrián Ben, imporía a súa calidade deixando moi boas sensacións sobre o tartán. remataría con 3:58.29 na proba dos 1.500 m. Gonzalo Basconcelo do Celta pola súa banda, sería o domiñador claro nos 3.000 m. con 8:13.72.

Nos concursos, e xa na altura feminina,  interesante loita mantida entre Raquel Seijas da Gimnástica e Aloia Vilas do Universidade de Santiago. Ó remate a lucense superaría a santiaguesa por tres centímetros saltando 1,58 m. Nos homes o especialista en combinadas Adolfo Sáinz Maza do Celta, sumaría unha medalla de ouro logo de superar o listón a 1,91 m.

A pértega mulleres tería de novo a Bea Viteri do A.F. Celta como clara  domiñadora autonómica con 3,30 m. Nos homes en cambio, moito máis disputado estaría a loita polo título entre Miguel Cajaraville do Celta e Santiago Ferrer da Gimnástica. Ó remate o atleta celeste gañaría o ouro cun salto de 4,60 m. polos 4,55 m. do pontevedrés.

No triplo salto moita emoción cun Anxo Blanco da Gimnástica en clara progresión que non lle poría as cousas doadas a Alfonso Palomanes. O campión de España e internacional fai dous anos, teríase que empregar a fondo para chegar no seu cuarto intento ata 15,42 m.  De igual modo emoción no triple feminino na que tanto Saray Amoedo do Vila de Cangas como Raquel Lameiro do ADAS-Proinor manterían unha emocioante pugna polo título que recaería ó final na canguesa con 11,13 m. polos 11,09 m. da atleta de O  Barco.

A lonxitude Jean Marie Okutu con 7,68 m. milloraría eses 7,52 m. do ano 2014 que el mesmo tiña como tope do campionato, continuando desta maneira ca súa progresión cara esas importantes citas internacionáis. A plusmarquista galega Leticia Gil segue ca súa preparación invernal que a levarían a saltar  5,92 m. no seu obxectivo de millorar esos 6,22 m. do ano pasado

Victor Gallego con 16,49 m. segue a sumar títulos autonómicos ó seu amplo palmarés no concurso de peso ó igual que a mundialista en Londres Belén Toimil quen quixo estar compartindo esta gran festa do atletismo galego lanzando ata os 15,07 m. en plena fase de preparación invernal.

Por último nas probas dos valados volveríamos presenciar un novo récord do campionato da man de Teresa Rodríguez do Riazor Coruña quen pararía o reloxo en 8.98 mellorando a anterior marca que ela mesma tiña dende o ano pasado con 9.02 Nos homes de novo Adolfo Sainz Maza proclamaríase campión de Galicia, nesta vez nos valados, cun rexistro oficial de 8.69.

No que atinxe a récords galegos, compre salientar o de Enma Valencia do A. Femenino Celta quen na proba dos 60 m.v. establecería un novo tope autonómico na categoría W35 con 9.02. Da mesma manera  carrerón do atleta xuvenil do San Paio A Estrada Medhi El Nabaoui quen na proba dos 3.000 m. acadaría un rexistro de 8:33.77 que supón ademáis dunha mellor marca persoal, a mínima de participación para tomar parte nos Campionatos de Europa da súa categoría.

Resultados

Medalleiro absoluto 2018

Compartir: