A organización facilita xantar no pavillón anexo ao circuíto de cros (menú: 10€) prégase confirmen reserva con suficiente antelación no teléfono 670 212 957.

As San Silvestres enchen as rúas

Ca chegada destas datas e do Nadal, son moitos os Concellos e entidades que ofertan unha ampla gama de actividades culturais, sociais e deportivas para desfrute e lecer dunha sociedade cada vez máis activa e dinámica.

Aproveitando as festas, xurdiron nos últimos anos un importante número de San Silvestres que durante o día 31 toman as rúas das vilas e concellos galegos na procura de despedir o ano dun xeito deportivo, pero tamén, festivo, lúdico e sobre de todo participativo. Coma sempre a tónica dominante é a gran participación, de milleiros de persoas que compiten, moitos deles disfrazados, na procura dun remate do ano o máis atlético posible.

Sería no ano 1961 na localidade de Galdácano onde se disputara a primeira San Silvestre datada en España, malia que o evento non tería continuidade, tendo que agardar ata tres anos despois para que un galego, Antonio Sabugueiro, creara unha das primeiras precursoras e unha das máis importantes a nivel mundial – xunto a de São Paulo e a de Nueva York -, a San Silvestre Vallecana.

Desde entón, e xa na nosa comunidade, serían moitas as probas deste tipo que proliferarían co paso dos anos, sumándose as xa existentes no resto do Estado. Entre elas, contamos con varias que teñen as súas costas varias edicións como a XIII Carreira de Fin de Ano 2017 Mugardos-Ares, a VII San Silvestre Pontesa, a V San Silvestre Compostelá ou a V San Silvestre do Concello de Fene, esta última a desenvolver o día 30. Outras en cambio, veñen sumarse a este calendario de probas oficiáis da F.G.A. debutando na celebración da súa primeira edición como é o caso da I San Silvestre Betanceira,   I San Silvestre de Monterroso  ou a I San Silvestre de Ordes. Para outras, e logo da experiencia de anos pasados, continúan sumando edicións ó seu incipiente palmarés como a  II San Silvestre Ourensá

A oferta é ampla e numerosa, como ampla e numerosa son as gañas de tomar parte nas distintas San Silvestres. Dende aquí, desexamos a maior sorte, desfrute e lonxevidade posible a todas e cada unha delas.

Compartir: