No día onte, un dos momentos máis agardados pola historia do atletismo galego, faríase realidade. Por fin, e logo de moitos anos de reivindicacións, un dos maís anhelados soños do noso deporte faríase realidade ca inauguración da nova pista cuberta instalada no recinto feiral Expourense.
A este acto acudiría un nutrido número de personalidades políticas e institucionais da nosa Comunidade ó fronte das cales se atopaba o Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo, quen destacaría o “importante investimento económico” desenvolto pola institución galega que preside , salientando “…as importantes características da instalación que a fan unha das máis punteiras a nivel mundial”. Tampouco deixaría pasar a oportunidade de citar a importancia que como motor económico terá esta instalación para a cidade das Burgas.
Marta Míguez, Secretaria Xeral para o Deporte, tamén falaría neste acto sobre a importancia e o orgullo que como ourensana, deportista e dirixente ten para ela ver materializada esta instalación.
O Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete na súa intervención incidiría en que “Galicia ponse a cabeza en canto a insfraestructuras atléticas cubertas ó ser a terceira das súas características construidas en España e unha das vinte a nivel mundial”
O Alcalde de Ourense Jesús Vázquez ve neste investimento “un pistoletazo de saída para a chegada a cidade de probas nacionais e mesmo internacionais”
Para Isidoro Hornillos, Presidente da FGA, este era un día feliz a nivel persoal “Sen lugar a dúbidas esto supón para o atletismo galego un momento histórico xa que pasamos a contar cunha ferramenta imprescindible e vital para o noso desenvolvemento” para rematar dicindo que ” …de agora en adiante os nosos atletas xa non terán que saír fora da nosa comunidade na procura dunha pista cuberta en condicións”
Para Raúl Chapado, Presidente da RFEA, “Ourense merece un Campionato de España como o que terá lugar” referíndose o Sub20 que terá lugar os vindeiros 3 e 4 de marzo
Por último Alejandro Rubín, Xerente de Expourense, centraríase na importancia desta pista ...”como complemento ideal que supón para o recinto feiral dispor desta infraestructura que a fará contar cunha maior diversificación de actividades”.