Resultados

A Gimnástica lidera os equipos galegos no Ranking Nacional de Clubs

Segundo a listaxe elaborado pola RFEA en base ós distintos Campionatos de España desenvoltos na pasada tempada, son catro os clubes galegos que pasan a formar parte dos cincuenta primeiros do ranking nacional.

O primeiro deles é a Sociedad Gimnástica de Pontevedra no posto 26º cun total de 214 puntos. Os do Lérez acadan as súas máximas puntuacións no Campionato de Aire Libre Junior asi como no Nacional de Lanzamentos de Inverno. No posto 34º entran os do ADAS-Proinor de Valdeorras cun total de 192 p. e con excelentes puntuacións nos campionatos de veteranos. Remata esta listaxe dos cincuenta primeiros co Real Club Celta no posto con 43º con 158,5 puntos co Nacional Promesa de Pista Cuberta como campionato que máis puntos aporta ós celestes. Os de Cerceda de A Silva  no posto 57º con 151 puntos pechan esta clasificación na que basean todo o seu potencial no seus potentes equipos de veteranos.

O resto da lista (ata o número 200) complétana os seguintes equipos:

68º o RIA Ferrol, 105 p.;  69º NB Team, 96 p.; 90º Lucus Caixa Rural Galega, 82 p.; 95º C.A. Sada, 80 p.; 102º A.F.Celta, 74 p.; 110º Egovarros de Viveiro, 70 p.; 125º C.A.Santiago, 61 p.; 138º Riazor Coruña, 56 p.; 155º Comesaña Sporting Club, 49 puntos; 156º Universidade de Santiago, 49 puntos; 161º Atletismo Sanmertolomeu, 46 p.; 185º Burgas Ourense ,38 p.; 200º A. Vila de Cangas, 33 p.; (…) 493º Atletismo Moraña, 3 p.

Relación completa de equipos

Compartir: