Resultados

Preséntase o Trofeo Inaugural de Pista Cuberta

No día de hoxe tería lugar a presentación no Concello de Ourense, do que será o Gran Premio Inaugural de Pista Cuberta que se desenvolverá  o vindeiro sábado día 16 de decembro. 

A esta presentación acudirían a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez;  o Alcalde de Ourense Jesús Vázquez; o Concelleiro de Deportes de Ourense,  Mario Guede; o Deputado Provincial de Deportes, Juan Anta; o Vicepresidente da FGA,  Manuel Blanco; o Xerente de Expourense, Alejandro Rubín e o atleta internacional ourensán, Alfonso Palomanes.  Unha vez rematado o pleno extraordinario no salón do Consistorio, xuntaríanse para reiterar a importancia que para o atletismo galego e ourensán supón a posta en marcha desta importantísima infraestructura.

Lembramos que na actualidade a Pista Cuberta de Riazor con máis de 40 anos de antiguedade, era o esciario que se viña empregando para a práctica totalidade dos Campionatos Autonómicos baixo teito. Xa nos últimos anos, e grazas ós importantes orzamentos de organismos públicos, proliferarían varios módulos cubertos coma os de Ourense e Lugo que servirían para mellorar en parte, a deficitaria situación de instalacións cubertas atléticas.

A pista ubicada en Expourense, sen lugar a dúbidas servirá para poñer a nosa comunidade na vangarda do atletismo nacional e internacional en canto a dotacións destas características.

Compartir: