De novo a especialidade da marcha volve ser un dos puntais en canto a éxitos dun atletismo galego que cada vez se atopa máis diversificado.
Desta ocasión sería no Campionato de España de Marcha Promoción desenvolto na localidade granadina de Guadix onde as nosas marchadoras conseguirián un total de dous ouros e unha prata. O primeiro título nacional sería para a atleta Sub20 do Atletismo Valladolid Leyre Aramburo quen na proba dos 5 km imporíase na mesma cun rexistro oficial de 24:55 no que supón o seu regreso a alta compitición. Na segunda posición entraría, Antía Chamosa quen chegaría a dezaseis segundos da gañadora logo de marchar en cabeza e ter que parar por problemas físicos que malia os cales, non lle impedirían volver a remontar para acadar o subcampionato nacional. Nesta mesma distancia a galega Marta Suárez do Elche entraría no posto 16º
O outro título nacional sería para a representante do A.F Celta Iria Rivas quen na proba dos 5 k. da categoría Sub18 establecería un tempo oficial de 24:55 quitándolle preto de cincuenta segundos a segunda clasificada, a extremeña Ana Pulgarín. Na mesma distancia Ana Carracedo do ADAS-Proinor entraría no posto 18º abandonando Valeria Fernández do Atletismo Narón
O resto de actuacións galegas serían as seguintes:
3 km Sub16: Zulfa Muiño (Millarraio) 14º
5 km Sub20: Brais Prieto (R.C.Celta) 6º e Adrián Antonio (Intec) 11º
5 km Sub18: Hugo Martínez (E.A. Lucense) 11º, Roberto Vieiro (C.A. Santiago) 12º; Elio Buelta (A. Barbanza) 17º; Alex Novás (A.Narón) Abandona
Foto: Iria Rivas recollendo a medalla de ouro