Resultados

Practicamente homologada a Pista Cuberta de Ourense

Un total de dous homologadores da RFEA e un amplo equipo de xuíces estiveron a traballar no día de onte para perfilar o que será a homologación da flamante pista cuberta de Ourense cuxa inauguración está prevista para o vindeiro día 16 de xaneiro.

Segundo o equipo de homologación “O traballo foi moi laborioso xa que tivemos que poñer preto de 3000 puntas a través das cales medir as distintas distancia e puntos da instalación para elaborar un documento que faculte á pista para a celebración de probas atléticas” segundo a mesma fonte” O informe está sendo redactado, agardándose que en breve chegue a RFEA para que certifique o mesmo”.

 

 

Compartir: