Relación definitiva de Equipos clasificados para a Fase Final da Liga ABANCA

Logo de ter rematado o prazo de reclamacións sobre as puntuacións obtidas nas tres fases de clasificación desenvoltas en Santiago, Pontevedra e O Barco de Valdeorras para a disputa da Fase Final da Liga ABANCA de menores, publícase o listado definitivo dos 48 equipos que tomarán parte nesta importante competición.

Lembramos que dos tres encontros disputados, clasificaríanse os primeiros equipos de cada categoría de maneira directa, existindo unha clasificación por mellores puntuacións dos cinco equipos restantes en base ás súas marcas.

A fase final disputarase o vindeiro día 16 de decembro coincidindo coa inauguración oficial da Pista Cuberta de Ourense.

Relación definitiva logo de ter rematado o prazo de reclamacións (en roxo, os cambios)

  • Benxamín Feminino: At. Narón*/ A.V.Cangas*/ Ourense At.*/ ADAS-Proinor/ A.V.Atletismo/ RIA Ferrol-CCA/ At. Sada/ Riazor Coruña
  • Benxamín Masculino: Fontes do SAR*/ S.G.Pontevedra*/ ADAS-Proinor*/ Ourense At/ At. Sada/ A. A Silva/ A.Vila de Cangas/ Riazor Coruña
  • Alevín Feminino: C.A. Millaraio*/ A.V.Cangas*/ Ourense At.*/ S.G.Pontevedra/ A.F.Celta/ At.Sada/ Marineda A./ A.V.Atletismo
  • Alevín masculino: C.C.Comarca*/ S.G.Pontevedra*/ Ourense At.*/ ADAS-Proinor/ R.C.Celta/Cia. de María/C.A.Millaraio/ Marineda At.
  • Infantil Feminino: Ría Ferrol-CCA*/A.V.Atletismo*/ Ourense At.*/A.V.Cangas/ At.Sada /ADAS-Proinor/ Fontes do Sar/ C.A.A Estrada
  • Infantil Masculino: C.A. Millaraio*/ A.V.Cangas*/ Ourense At.*/ RIA Ferrol-CCA/ At. Sada/ ADAS-Proinor/A.A Silva/ Riazor Coruña.
(con asterisco* os equipos gañadores clasificados directamente)

Relación definitiva de equipos clasificados 

Compartir: