Os irmáns Antía e Daniel Chamosa proclamaríanse vencedores absolutos do XXIX Campionato de Marcha de inverno que se desenvolvería no día de onte nas Pistas lucenses do Estadio Gregorio Pérez Rivera. Os campións invertirían un rexistro de 24:41.92 e de 21:15.47 respectivamente nunha proba na que partían como indiscutibles favoritos. Xunto eles estarían acompañados no podium por Leyre Aramburu do A. Valladolid e Iria Rivas do A.F. Celta na categoría feminina, así como por Roberto Vieiro do A.Santiago e Brais Prieto do R.C.Celta na masculina.
No resto de categorías o máis salientable sería o Récord Galego da atleta Sub-10 do Atletismo Vila de Cangas Sabela Castelo quen acadaría un novo tope autonómico ó rematar a súa proba de 1.000 m. marcha cun rexistro oficial de 5:16.21.
Cadro de Gañadores Galegos
Absoluto: Antía Chamosa (C.A. Valladolid) e Daniel Chamosa (S.G.Pontevedra)
Senior: Rocío Carbia (RIA Ferrol)
Sub23: Inés Valentín (Ourense At.) e Daniel Chamosa (S.G.Pontevedra)
Máster M50: Pedro Abeledo (C.A.Narón)
Máster W35: Monse Pereira (C.A.Sar)
Máster W40: María Emilia Rodríguez (S.A.D.Trega)
Máster W45: Yolanda Abellán (A.F.Celta)
Sub20: Antía Chamosa (C.A. Valladolid) e Bráis Prieto (R.C.Celta)
Sub18: Iria Rivas (A.F.Celta) Roberto Vieiro (A.Santiago)
Sub16: Nerea Lage (A. Friol) e Antón Martínez (A.Lucense)
Sub14: Xela Martínez (A.Lucense) e Elias Klein (A.Lucense)
Sub12: Laura Iglesias (A.V.de Cangas) e Christian Sierpes (S.A.Trega)
Sub10: Sabela Castelo (A.V.Cangas) e Anxo Jamardo (S.G.Pontevedra)