Logo de que por distintos motivos o Campionato de España Absoluto non fora adxudicado a Ourense (como é normal cas sedes que inauguran a súa instalación), a cidade das Burgas será sede finalmente do XLV Campionato de España Sub20 que se desenvolverá os vindeiro días 3 e 4 de marzo.
Con esta competición, a Pista Cuberta de Ourense fará a súa estrea a nivel nacional, e sumará este importante evento ás probas do Trofeo Inaugural e Fase Final ABANCA do día 16 de decembro así como a Copa Master de Clubs do 23 do mesmo mes. Seguirán a estas citas a Copa de Clubs, o Campionato de Galicia Absoluto e Campionato de Galicia Master os días 7, 13 e 14 de xaneiro respectivamente. Rematará este primeiro ano inuagural co Campionato de Galicia Cadete para o día 11 de marzo.
Na foto, o pista cuberta de Antequera