Un total de 159 marchadores serán os que se dean cita este sábado 25 nas pistas lucenses do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo para disputar o que será o XXIX Campionato de Galicia de Marcha de inverno.
Esta proba, que inaugura o comezo dos Campionatos Galegos nesta nova tempada, contará con destacas presenzas dos máis importantes marchadores galegos do momento entre os que salientamos a participación dos internacionais Antía e Daniel Chamosa que tomarán parte sobre a distancia dos 5 km.
O Campionato dará comezo as 10:45 h. ca saída dos máis pequenos para rematar en torno as 13:05 horas ca posta en marcha dos 5 Km. femininos.