A Federación Galega de Atletismo, acábase de sumar á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero promovida por varias deputacións e secundada por máis de 80 concellos galegos. A inicitiva que leva por lema En negro contra as violencias pretende desenvolver unha serie de medidas entre as que destacan:
- Fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas no ámbito.
- Implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas.
- Identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos por parte da cidadanía, establecementos comerciais e axentes sociais
Se algún clube ou entidade desexa formar parte desta inciativa, poderá facelo a través de diversas canles que aparecen recollidos no manual para voceiras e colaboradores que adxuntamos.
Mais info en: ennegrocontraasviolencias.gal