Coa chegada das datas do Nadal sucédense as mais importantes e populosas carreiras de ruta ao longo de toda a nosa Comunidade.
Se en recentes datas pasadas se disputaron a XI Coruña-10; a XL Popular Pedestre de Santiago; a X Vigo+11, e a XXXVIII Popular de Negreira, tócalle a quenda este fin de semana á clásica XLI Carreira da San Martiño de Ourense que congregará polas principais rúas ourensás a milleiros de atletas participantes.
Cerraremos este ano con outras dúas citas importantes no calendario autonómico como son a XXXII Adolfo Ros Volta á Ría que se desenvolverá o próximo día 3 de decembro en Fene e a V Carreira Popular Sin-Son para o día 17 do mesmo mes no marítimo Concello de Porto do Son.