O Galego Invernal de Marcha, inaugura a tempada

Sería o dia 1 de novembro cando arrincaba oficialmente a nova tempada 2017/2018 nun ano con importantes competicións tanto a nivel nacional, internacional como autonómico.

A desexada e flamante pista cuberta de Ourense centrará sen dúbida o calendario galego de probas, malia que serán as pistas lucenses do Estadio Gregorio Pérez Rivera quenes o dia 25 de novembro acollan o primeiro dos campionatos Galegos ca celebración do Autonómico de Galicia de Marcha de inverno que dará comezo as 10:45 horas.  A esta importante cita invernal acudirán, como primeiro tests da tempada, os máis salientables especialistas do sector dende as categorías de benxamín ata a de veteranos.

Lembramos que as inscripcións pódense realizar a través do sistema online na web da RFEA (hhttps://isis.rfea.es/sirfea2/) ata ás 20:00 horas do martes día 21 de novembro.

Compartir: