Convocada a Asemblea Xeral e Xunta Directiva da FGA

De acordo co que determinan os artigos 18 e 22 dos vixentes Estatutos da Federación Galega de Atletismo, convócase a Asemblea Xeral Ordinaria, correspondente ó ano 2017 que terá lugar no salón de Actos da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de Bastiagueiro (INEF) as 17:00 horas do día 2 de decembro na que se presentarán para aprobación, se procede entre outros, aspectos tales como o apartado de orzamentos, as cotas de licenzas, o calendario de competicóns e normas técnicas así como as distintas propostas presentadas polos asambleístas.

Previamente a Asemblea Xeral, celebrarase a Xunta Directiva da FGA as 11:00 horas da mañá na que están convocados os quince membros que forman o citado estamento.

Compartir: