Invitación ó Campionato de Asturias de Cros Curto

O presidente do CDB Atletismo Cidade de Lugones, Luís Menéndez en calidade de organizador do VII Memorial Héctor Fernández de Campo a Través, e Campionato de Asturias de Cros Curto, convida a algúns clubs das comunidades limítrofes a tomar parte no citado campionato.

Segundo o presidente da entidade que organiza “O motivo é o de querer potenciar a proba ata poder dar o salto a categoría nacional, polo que queremos convidar a algún club das comunidades limítrofes. Faríanos ilusión contar con participantes galegos e é por iso que poñemos a disposición un autobús, desde unha localidade que permita facer a viaxe no día, sendo a primeira carreira ás 11 horas”

A proba desenvólvese nun complexo cunha pista de atletismo de cinza e un percorrido por un bosque que a partir da categoría infantil ten abundantes subidas. A competición sitúase en Lugones a 5 Km de Oviedo e disputarase o domingo 3 de decembro de 2017.

Correo de contacto: luis080261@yahoo.es

Regulamento

Horario

 

Compartir: